Concello de Ortigueira

x

Castriño de Luía


Este castro sitúase nunha chaira. O seu estado de conservación non é moi bo, polo que só se observan terrazas e desniveis. Preto do recinto pasa o Camiño Real, que vai en dirección a Senra e Mera, onde se atopan senllos xacementos castrexos.

O Castriña pertence á parroquia de Santa María de Luía. O acceso realízase tomando a estrada Ortigueira Viveiro ata Luía. Dende este punto cóllese un ramal á dereita ata o lugar de Castro. O xacemento sitúase a carón das vivendas.