Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Como se ordenan os libros nos estantes?

Na Biblioteca os libros están ordenados por temas. A cada un destes temas correspóndelle un número diferente para que che sexa máis doado atopalos. A clasificación, que se chama CDU, é a seguinte:


Tema
0Xeralidades: Enciclopedias, diccionarios, informática...
1Filosofía: Filosofía, Psicoloxía, Ética...
2Relixións: Todas as relixións e mitoloxía
3Ciencias Sociais: Economía, Dereito, Administración pública, Educación, Tempo libre, Folclore...
5Ciencias puras: Ciencias naturais, Ecoloxía, Astronomía, Física, Química...
6Ciencias aplicadas: Medicina, Enxeñería, Electrónica, Agricultura, Gandería, Cociña, Bricolaxe...
7Arte, xogos e deportes: Pintura, Escultura, Arquitectura, Cinema, Teatro, Música, Xogos, Deportes...
8Linguaxe e Literatura: Lingua española e linguas estranxeiras -os xéneros literarios teñen unha clasificación diferente-.
9Xeografía e Historia: Arqueoloxía, Historia, Xeografía, Biografías, Viaxes...

As obras literarias teñen unha clasificación especial por xéneros -poesía, teatro...- para que che resulte máis sinxelo atopar o que buscas.

Os libros destinados aos menores de 9 anos -etiquetas frontais e vermellas- siguen esta clasificación:

Para menores de 9 anos
81Poesías. Xogos e cancións. Rimas. Adiviñas.
82Teatro. Monicreques.
831Libros de imaxes.
832Libros educativos. Abecedarios.
833Contos. Troquelados.
834Contos de animais. Fábulas.
85Clásicos. Adaptacións dos clásicos.
86Antoloxías de contos.
87Banda deseñada.

Os libros destinados aos maiores de 9 anos -etiquetas verdes e amarelas- siguen esta clasificación:

Para maiores de 9 anos
81Poesías. Xogos e cancións. Rimas. Adiviñas.
82Teatro. Monicreques.
840Libros educativos e de imaxes.
841Narracións da vida real.
842Narracións históricas e de guerra.
843Narracións de aventuras -Oeste, piratas...-.
844Narracións policíacas. Terror. Misterio.
845Narracións de humor. Chistes.
846Narracións fantásticas. Lendas.
847Narracións científicas. Ciencia - ficción.
848Narracións de animais como protagonistas.
849Narracións de tema relixioso.
85Clásicos. Adaptacións dos clásicos.
86Antoloxías de contos.
87Banda deseñada.

Cada libro leva o seu número de identificación na etiqueta do seu lombo, que é branca para as obras clasificadas por temas e de cor para as literarias.

Esta etiqueta leva impresa unha signatura. Está formada por tres liñas de números e letras, do seguinte xeito:

Exemplo 1 Título: Ciencia máxica: experimentos asombrosos para xenios curiosos
Autor: Alejandra Vallejo - Nájera
Tema: Ciencias puras

S.I. 5
VAL
cie
Sala Infantil. CDU
Tres primeiras letras do apelido do autor
Tres primeiras letras do título
Exemplo 2 Título: Cuentos sorprendentes
Autor: Gloria Fuertes
Tema: Poesías. Xogos e Cancións. Rimas.

81
FUE
cue
CDU
Tres primeiras letras do apelido do autor
Tres primeiras letras do título
Exemplo 3 Título: Kika superbruja y la momia
Autor: Knister
Tema: Narracións fantásticas

846
KNI
kik
CDU
Tres primeiras letras do apelido do autor
Tres primeiras letras do título





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA